zerovacas's Last.fm Journal

Ataque Escampe: Viaxe de Ida e Volta
http://www.vieiros.com/nova/74059/ataque-escampe-viaxe-de-ida-e-volta

Unha evasión? Si, queres vir?, Steve McQueen dálles o pé a Ataque Escampe para iniciar a escapada. Galicia es una mierda era un disco comprometido, moi ligado a nomes e lugares, ao redor da cuestión nacional e do barrio de Vista Alegre. Pero chegou o cansazo: 'hai un pirata que xa non pode máis', din no tema que abre o álbum; en boa medida recoñecemos a sensación en toda unha xeración que viu defraudadas as promesas de rexeneración do país e de cambio real ('os proxectos de lei do revés', 'os piñeiros e o luar outra vez', cantaban no disco anterior). A evasión, din, "refírese á evasión física, a saír de viaxe, a ver cousas novas. Queríamos ver se eramos capaces de facer un disco non que non mencionásemos a Galicia. O disco é máis ou menos lineal: comeza como unha evasión do cárcere e vai viaxando por distintas situacións, e ao final acaba regresando á prisión".

Un regreso xusto a tempo: "A situación política de agora non é un factor alleo á interpretación que se lle poida dar a ese regreso", anticipan: "Este álbum é coma unha antítese do anterior, que necesitará unha resolución da contradición nun terceiro disco". Despois do 1 de marzo a frase de Galicia es una Mierda reactualizouse e "cobrou un sentido se cadra máis propio", din, "en todo caso se antes as cousas non estaban como todos quixéramos, agora en principio están peor, pero creo que se está creando unha especie de fronte antifascista que vai dar moito que falar e que vai unir á resistencia galega nestes catro anos e que nos vai facer máis fortes".

En canto á polémica que se xerou co título de Galicia es una Mierda, aseguran que "eramos conscientes do que podía provocar o título, e en xeral estamos bastante contentos da aceptación, sobre todo porque se captou a compoñente crítica e tamén a compoñente irónica. E sobre todo gustounos que foi interpretado dunha forma cómplice pola xente que está na onda da conciencia de Galicia como construción nacional antiesencialista. En cambio a xente que ten algúns prexuízos fomentado a partir do autoodio, pois non o entenderon; vese ben claro en medios como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo, que reaccionaron moi mal nas críticas que nos fixeron, ou o propio El Corte Inglés, que non deixou que se vendese o disco".

Un novo rexistro musical e nas letras

Ataque Escampe muda, leva anos facéndoo. Muda de formación, coa incorporación de Lois, que se ocupa dos teclados, e que substitúe o acordeón de Francesc, de regreso aos Países Cataláns. Cambian tamén, xaquelogo, os instrumentos, cun meirande peso para o banjo e a guitarra eléctrica, a incorporación dunha batería electrónica e un peso moito menor do caixón flamenco e do kazoo. "Sempre que se trata de facer produtos creativos, é importante non repetirse. A aceptación que tivo o disco anterior igual podía movernos a seguir facendo o mesmo; nós precisamente quixemos facer o contrario".

'Ultimamente penso que nos collemos dos garfios/ que nos deixamos levar e o mar fai o seu traballo/ O tiburón é un animal ao que todo lle dá igual/ Estamos no mundo para acabar no ventre do animal/ Por que non falar de amor?'. Temas máis intimistas e canción máis lentas, acaídas para os malditos domingos pola tarde. "Ao tratarse dun disco narrativo, convén escoitalo todo seguido e convén escoitalo relaxadamente, deixarse levar pola evocación e a suxestión musical, e se cadra darlle unha segunda oportunidade. Creo que é o mellor disco que levamos gravado", explican.

"A respecto dos textos, nós temos a virtude ou o defecto de ser a maioría filólogos, e o xermolo do grupo naceu da facultade de Filoloxía. Estabamos obsesionados coa poesía galega. Iso é o que nos move a facer uns textos currados, complexos, esixentes. Nós cada vez dámoslle máis importancia á música, intentámolo, esperemos que se note". A grande evasión ten máis instrumentos, máis música, unha produción profesional (responsabilidade de Marcos Payno), un disco máis completo e barroco, máis redondo.

O disco poderase descargar de balde na Regueifa Plataforma nuns días e terá unha versión física nas primeiras semanas de xuño. Será o momento de valorar un disco luminoso, emocionante e sutil, maduro e orixinal. No seu derradeiro corte, unha voz marca o regreso da viaxe de ida e volta: 'Este foi o meu planeta/ tan cheo de bolboretas/ que non hai sitio para a xente/ Fóra vai moita calor/ e eu onde mellor estou/ é no meu lugar de sempre (...) A min as viaxes fanme vomitar/ e na casa cómese moito mellor/ Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión'. Continuará.

Entrevista en VieirosAtaque Escampe

EU TAMÉN SON UNHA MERDA
http://zerovacas.blogspot.com/2008/02/chegou-o-da.html

http://www.vieiros.com/nova/64703/se-dixesemos-espana-es-una-mierda-se-cadra-estabamos-detidos

"Todos seríamos muy diferentes, creo yo, si viviéramos en un clima templado y soleado. No seríamos tan introvertidos, tímidos y malhumorados..." Con esta frase ábrese o novo disco de Ataque Escampe, xa dispoñible na Regueifa Plataforma.

Galicia es una mierda é un disco de rock acústico, con motivacións punk e letras que removen toda unha xeración. Clama contra o autoodio, mais tamén contra a autocomplacencia, e berra contra a insatisfacción persoal ("non te busques no espello/ non tes perfil bo") e a colectiva ("Que Galicia es una mierda xa sei/ cos Piñeiro e o Luar outra vez/ pracidez"). Todas as cancións semellan terse escritas para cantar nunha taberna, sexa o Don Manuel, sexa o Malas, sexa o Avante ou mesmo o Maycar ou o Ruta (e logo o Maycar e o Ruta non son dúas tabernas, tamén?).

Un disco que liga moi sutilmente con Rompente e a movida cultural dos oitenta: "Manuel Antonio es una mierda (...) Resentidos son una mierda". Un disco no que ter cada día unha canción favorita, esta tarde, por exemplo, Nadina: "Canto amor cabe nos libros rotos/ Canta dor cabe nunha botella/ Canto amor no rock en vasco, e canta dor/ Mátame camión...".

Un gran disco, logo. Eu tamén autoincúlpome de ser unha merda.

O DISCO GALEGO DO ANO?
O DISCO GALEGO DO ANO?

CRÍTICA EN SONO-TONE

ENTREVISTA EN VIEIROS

A MÚSICA GALEGA NO LAST.FM
http://zerovacas.blogspot.com/2007/12/msica-galega-no-lastfm.html

Hoxendía xa non se compran discos, e aínda non hai clasificacións dos álbums máis descargados no emule ou no ares. Last.Fm informa dos grupos e cancións que escoitan todos os días máis de vinte millóns de persoas. Foi noticia, por exemplo, que Radiohead adiantase, co lanzamento de In Rainbows en outubro, aos Beatles como grupo máis escoitado no planeta, unha categoría que aínda mantén.

E cales son os grupos e cantantes galegos máis populares? Por suposto, en Galicia o número de usuarios de Last.FM é moi reducido e non é representativo, pero aí vai. Los Piratas é o grupo galego máis escoitado, e entre os cantantes en activo, destacan Deluxe, Iván Ferreiro e Siniestro. TAB, Catpeople, Nadadora, 6PM e Manos de Topo acadan un número de cancións escoitadas moi importante, tendo en conta o pouco tempo que levan en activo. Esta é a lista: o número corresponde o total de cancións escoitadas.

Los Piratas: 485.000

Deluxe: 196.000

Iván Ferreiro: 173.300

Siniestro Total: 159.000

Los Suaves: 121.809

Luar na Lubre: 109.005

Carlos Nuñez: 59.000

Triángulo de Amor Bizarro: 46.600

Catpeople: 34.080

Nadadora: 32.500

6PM: 22.500

Manos de Topo: 19.052

Heredeiros da Crus: 15.518

Milladoiro: 15.167

Niño y Pistola: 8.901

Berrogueto: 9.063

Os Resentidos: 6.121

Diplomaticos de Montealto: 5.622

Apenino: 5.658

Meu: 5.516

Annie Hall: 5.393

The Homens: 5.186

Nouvelle Cuisine: 4.911

Susana Seivane: 4.346

Mercedes Peón: 4.263

Fanny+Alexander: 3.978

Projecto Mourente: 3.925

Lamatumba: 3.888

El Puto Coke: 3.703

Fuxan os Ventos: 3.567

Dios ke te Crew: 3.188

Skarnio: 3.160

Uxia: 2.405

Sevigny: 2.144

Ruxe-Ruxe: 2.109

Jugoplastika: 1.900

Silvia Penide: 1.932

Matraca Perversa: 1.912

Na Lúa: 1.593

Sebastopol: 1.531

Sugar Mountain: 1.423

Marful: 1.399

Budiño: 1.306

Ataque Escampe: 1.268

Andres Dobarro: 1.053

The Blows: 993

Guezos: 913

Cristina Pato: 608

Colectivo Oruga: 556

Noise Project: 446

Loretta Martin: 371

Nordestinas: 375

Suso Vaamonde: 293

Narf: 275

... (perdón polos que deixei fóra, tíveno que facer de memoria)galiza

MANOS DE TOPO
http://zerovacas.blogspot.com/2007/12/manos-de-topo.html

http://www.vieiros.com/nova/63023/hai-tanta-xente-que-odia-a-nosa-musica-que-aos-que-lles-gustamos-gustamoslles-moito

Hoxe tocan en Vigo e mañá farano na Coruña (Sala Jazz Vides). Este cuarteto 50% galego e 50% catalán publicou Ortopedias Bonitas en xuño e abondoulles medio ano para se converter nun dos grupos revelación do ano. Surrealismo nas letras, historias cotiás de desamor (Recuerdo tu champú, puntas abiertas, cabello graso, y ahora ya no me haces ni caso), de perdedores (Y si necesito amor encenderé el radiador/ porque no quiero estar contigo si es encerrado en el baúl) e frases demoledoras (Llevas demasiado carmín para ser sólo amigos/ ¿Qué vas a hacer cuando descubras que el follar provoca cariño?).

E un cantante que non canta, que chora, unha voz peculiar e desagradable. Un grupo que se ama ou se odia, e ao principio as dúas cousas á vez. Algo así pasoume a min aló por xuño. Na primeira escoita non me gustaron en absoluto. Pero nos días seguintes sentía a necesidade de volver escoitar o disco, unha e outra vez.

Mañá, entrevista en Vieiros co vigués Alejandro Marzoa, co-fundador da banda: "Hai tanta xente que odia a nosa música que aos que lles gustamos, gustámoslles moito".Manos de Topo

O NOVO DE APENINO
http://zerovacas.blogspot.com/2007/10/apenino-lado-aldao.html

O último disco de Apenino é unha delicia. Un rayo de sol, o segundo traballo en solitario do compostelán Marco Maril (ex Dar Ful Ful, ex Fulsomes, ex Hemisferio Izquierdo), foi gravado en Friol, nos estudios de Arturo Vaquero, e soou en directo onte no MARCO por vez primeira, canda a Les Telephones Rouges (O Grove) e a Mequetrefe (sensacionais esas guitarras en Fire walk with me e I just want to be a flamin lip). Os dez cortes do álbum falan de emocións exaltadas, de amor e desamor, entre teclados, bases e oukeleles, dende a pegadiza El chico de la camiseta a rayas, que abre o disco, até El amor nos hace viajar, "La canción del verano" ou La canción del verano. Pero a miña favorita é, sen dúbida, Días de Septiembre, na que Marco pon a súa voz máis escura para lanzar un retrouso demoledor: "si vuelves a hacerme daño/ no podré evitar/ desear que tus balas/ te hagan sangrar".

Días de Septiembre terá vídeo, será de Darío Peña, o mesmo que fixo "El deseo tuerce la flecha", unha das mellores cancións da historia do pop en España e un dos mellores vídeos, claro.

THE HOMENS: "3"
http://zerovacas.blogspot.com/2007/09/homens-3.html

Na mesa de debate sobre a música galega, aquela que fixemos en Valga, falouse moito sobre a música feita en galego, a súa importancia, o seu futuro... Importancia social, dende logo, importancia para o propio futuro da lingua. Pero coido que foi Leo quen dixo algo así como que a verdadeira importancia de que haxa música en galego partía de algo máis sinxelo: era poder berrar nun concerto de rock "non podo máis", na nosa lingua. Non "I can't stand it", ou "que va a pasar si no puedo soportarlo", senón directamente "Non podo máis".

Con The Homens descubrímonos hai case dous anos vestindo camisolas de raias, escoitando power-pop en galego e berrando "desaparece", "faime mal, inféctame" ou "non quero que me veñas salvar". E dende entón The Homens deron varias veces a volta a Galicia, a razón de corenta concertos por ano. Agora publican o seu primeiro LP: 11 cancións novas, comezando por Calamar.

Tiven a oportunidade de entrevistalos a pasada semana, conversa máis que entrevista, nunha tarde moi calorosa en Compostela. Da entrevista quédome con varias cousas: o anuncio de que haberá concerto de presentación do disco a mediados de outubro, o anuncio do ep conxunto que editarán con Samesugas e a confesión de que mercan as camisolas de raias por xunto, en ducias.

Le aquí a entrevista completa a The Homens: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3724

LOLAPOP
Vie 24 Ago – lolapop

http://zerovacas.blogspot.com/2007/08/lolapop.html

Co listiño que son e ás veces mira que hai cousas das que non me decato. Noite de venres en Pontecaldelas, na primeira edición do Lolapop. E non foi até que chegamos (despois de moito subir) a esa fermosa vila con río, alameda e casas de indianos que me dei conta que se celebraban as festas de "Dolores" (de aí o de "Lola" Pop) e de que os organizadores mesmo fixeran outro xogo de palabras con "Lollypop" e había piruletas por todas partes. Cando chegamos, xa estaban Asca, Ifrit e Ghanito vendo a Fantasma#3, ese sensacional "supergrupo indie", composto por anacos de La Habitación Roja, Niño Gusano e El Hombre Burbuja. A verdade é que levaba todo o ano esperando escoitar en directo aquilo de "Todas las noches serán iguales/ amor desperdiciado en la calle".

Igloo decepcionoume un tanto. Gustáranme máis en Vilagarcía e onte soaron demasiado parecidos a Deluxe (aínda que musicalmente sexan moito mellores), cun papel demasiado protagonista para a voz. O mesmo que Nadadora, que segue sen emocionarme. Boas formas, boas melodías, pero pouca alma. E para pechar (non quedamos a ver a Dorian, unha vez ao ano é abondo) un marabilloso concerto de Maga, un grupo que o mesmo que Lori Meyers, e outros, gaña moito en directo. Por certo, nas cancións de Maga que podedes escoitar no playlist, gravadas no concerto, os berros son responsabilidade de certa fan "fotofóbica". Ela sabe quen é ;)

Moito popi en Pontecaldelas, e algún emo moi ben vestido, como debe ser (o feito de ter unha concepción desesperada da vida non implica esquecer a elegancia). Polo demais, recordei unha frase do meu avó que define bastante ben a miña concepción do amor. Así que supoño que se son un pouco "emo", eu tamén, debe virme algo nos xenes. O lema de hoxe é: No more dramas nin monopolios diurnos nin nocturnos!

SAUDADES DE PAREDES
Dom 12 Ago – Festival Heineken Paredes de Coura

http://zerovacas.blogspot.com/2007/08/saudades-de-paredes.html

Chegamos na primeira canción de Sunshine Underground, banda de Leeds, moi na onda do rock bailable de !!! ou Mendetz. Foi unha boa forma de comezar o día, dando grazas por aquel momento en que alguén puxo o rock a bailar. ¿Foi en Madchester nos oitenta? Tony Wilson, non descanse nunca.

Despois dos clásicos cachorros quentes do Psicológico, tivemos o pracer de descubrir in-person a Peter, Bjorn & John (aínda que John, o batería, non estaba), un grupo cun gran directo e moito máis ca un só single, aquel "Young Folks" que obviamente tamén soou. E por certo, o cantante (creo que é Peter) levaba unha camisola coma as de The Homens; ¿será fan deles?

Cansei de Ser Sexy son un dos grandes grupos do momento. Non tanto pola súa música (hits á marxe), que aínda non chega para manter un nivel alto nun concerto de máis dunha hora, senón pola súa presenza no escenario, globos incluídos. E para pechar, xusto antes do "Let's Make Love and Listen to Death From Above", un berro de Lovefoxxx: "Que nojo, uma camisinha usada".

E para pechar, Sonic Youth. Non hai moito que dicir dun dos mellores grupos da historia, das súas distorsións, de Kim Gordon, da súa excelente forma despois de 16 discos e 25 anos. Definitivamente Sonic Youth inventaron parte da música que escoitamos. E definitivamente Sonic Youth son mellores que Triángulo de Amor Bizarro ;).

PAREDES: CHUVIA E VELLAS ESTRELAS
Dom 12 Ago – Festival Heineken Paredes de Coura

http://zerovacas.blogspot.com/2007/08/paredes-chuvia-e-vellas-estrelas.html

¿Cando debe retirarse un artista? Levo vistos moitos concertos de grandes grupos de antano. Algúns máis dignos (Iggy&Stooges, Pixies, Dylan, Rolling...) que outros (Happy Mondays, Gang of Four, New York Dolls, Lou Reed, Dinosaur Jr...). ¿Ten algún valor musical ver en directo a bandas que levan décadas sen sacar un gran disco? Está ben telos a dez metros, pechar os ollos e imaxinar que estás noutro lugar, noutro tempo, vinte anos atrás, escoitando un dos grandes concertos da historia. Pero ás veces a imaxinación non abonda.

Onte en Paredes de Coura, New York Dolls e Dinosaur Jr. subiron ao escenario, e tocaron moitos dos seus grandes éxitos. Estivo ben, xa están na lista. O que sucede é que unha hora antes subiu ao escenario un gran grupo, os australianos Architecture in Helsinki, con menos nome que os outros, pero cun directo alucinante. Música de vangarda, música de hoxe.

Polo demais, demasiada chuvia. Pero Paredes sempre cumpre: boa xente, boa comida, bo ambiente. E se ademais un vai acreditado por este blog (mira ti), moito mellor. Hoxe, máis.